luns, 6 de abril de 2009

COSTAS DO ESTADO XA NON EXPROPIA

-Costas tolera dúas torres de 22 plantas ao bordo do mar en Benidorm.
-Medio Ambiente retira a expropiación que aprobou Narbona en 2008.
O Ministerio de Medio Ambiente desistiu de expropiar dúas torres de 22 plantas que a empresa Ballester Inmobiliaria constrúe en primeira liña de costa en Benidorm. O Goberno iniciou a expropiación en xaneiro de 2008, con Cristina Narbona de titular de Medio Ambiente. Pero o equipo que dirixe Elena Espinosa freou o plan, como xa fixo coas expropiacións do hotel do Algarrobico (Almería) ou o Papagayo Area (Lanzarote). A decisión chega no medio das protestas de pequenos propietarios afectados por derribas de Costas.
Medio Ambiente argumenta que perdeu o preito que presentou contra a licenza (de xuño de 1988) e que recorreu ao Tribunal Supremo. O ministerio escúdase en "a venda dun número importante de apartamentos", nun informe do avogado do Estado e en que os edificios non están en dominio público.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.