Grenpeace sitúa a Galicia como unha das zonas da Península máis afectadas polo aumento do nivel do mar a causa do cambio climático, o que tamén se deriva nunha maior cota de inundación e nun maior retroceso da liña de costa. Estas conclusións recóllense no informe A crise do clima , que a organización editou coincidindo coa súa 25.º aniversario en España. Tamén relaciona o quentamento global coa maior intensidade dos incendios, especialmente en Galicia.
A nivel xeral, Greenpeace constata que España xa é o país da UE máis afectado polo cambio climático e o que sufrirá as peores consecuencias dun aumento de temperatura de 1,5 graos, máis do dobre que a media global, e tamén moi por encima da media que rexistra o resto do continente europeo, de 0,95% no último século. Ademais, cada ano que pasa, o nivel do mar crece entre dous e tres milímetros (especialmente no Cantábrico e Galicia), os glaciares pirenaicos seguen desaparecendo (perdeuse un 88% en cen anos) e os humidais e lagoas están máis degradados e ameazados. O clima do sur é cada vez máis «africano», e o do norte, máis «mediterráneo».

Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.