mércores, 1 de xullo de 2009

OS GLACIARES ENCOLLEN NUN INSTANTE

Un estudo sobre un glaciar prehistórico mostra que poden retirarse en só séculos

Os actuais glaciares que forman as capas de xeo de Groenlandia e a Antártida poden diminuír de tamaño e retirarse en só uns centenares de anos, o que en clave xeolóxica son uns instantes.
Un estudo, aparecido na revista Nature Geoscience, recolle os resultados dun traballo de campo sobre un glaciar prehistórico situado no Ártico canadense. Paleoclimatólogos da Universidade de Buffalo (EEUU) demostran como esta capa de xeo encolleu nuns séculos.
Os autores do traballo cren posible que a retirada poida repetirse, co risco que suporía unha subida das augas nas zonas costeiras.
"Moitos glaciares da Antártida e Groenlandia comparten as mesmas características do que estudamos", di Jason Briner, un dos autores do estudo e profesor de xeoloxía nesa universidade. "Baseados nos nosos datos, tamén eles podería encoller nun instante xeolóxico", engade.
O estudo revela que o período de rápida retirada dispárase cando o glaciar entra nas augas profundas do océano, ao redor dun quilómetro mar dentro. Se os glaciares actuais teñen o mesmo patrón, "poderían sufrir unha retirada moito máis rápida que a que vimos ata agora", dixo Briner.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.