luns, 6 de xullo de 2009

PADECEMOS UN URBANISMO FEO, CUSTOSO E ARBORICIDA

Entrevista: Carlos Hernández Pezzi, Presidente do Consello Superior de Arquitectos de España

Leva nove anos á fronte dos arquitectos españois e preside o crucial congreso que a profesión abrirá mañá en Valencia. Carlos Hernández Pezzi (Madrid, 1949) celebra que a arquitectura española atravesa un momento doce.

-O urbanismo é aínda a irmá pobre da profesión?
-Si. Temos un altísimo nivel arquitectónico e un urbanismo pobre, con abusos na costa e en grandes cidades, e casos patológicos, desastrosos, como Seseña ou o Algarrobico. Con excepcións exemplares en cidades medias como Vitoria, Pamplona, San Sebastián, Córdoba ou Santiago, padecemos un urbanismo feo, custoso, arboricida e moi pouco explicado. A economía especulativa alimentou un modelo aberrante onde manda o coche, que impón a pradería de céspede sen árbores que descontaminen e os solos impermeables de formigón ou laxas. Carísimo, ademais, desde o punto de vista enerxético.
-cambiaron o chip ante o cambio climático e a contención enerxética?
-asumimos o cambio, pero lexislativamente actuouse moi tarde e de golpe. Se se fisera con máis tranquilidade, o medio millón de vivendas construídas cada ano desde o 2000 serían máis eficientes e menos contaminantes.
-En que medida son os arquitectos responsables da burbulla inmobiliaria e a crise do ladrillo?
-Un profesional non se pode negar a desenvolver un proxecto, véndase ou non. A nosa función é executar os encargos, pero habemos de facer autocrítica. A profesión ten en conxunto unha boa base de compromiso social, pero non puxemos excesiva énfase en denunciar un crecemento insostible.

1 comentario:

  1. Son insaciables los arquitectos de este país, como pueden robar millones y millones de Euros, por favor, esto clama al cielo, igual que los políticos, no tiene nombre, más de lo mismo. Como ciudadano que pago mis impuestos religiosamente pido que todo aquel que tenga causas por robo en arcas públicas pase a la sombra mínimo de diez años.

    ResponderEliminar

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.