xoves, 15 de outubro de 2009

CORRUPCIÓN OU TRANSPARENCIA

Non fai falta esforzarse para ver como a corrupción ábrese paso en todas direccións, fai uso da forza, do poder e do diñeiro convertendo os seus desexos en realidade, e con iso corrompe as persoas, as empresas e as institucións, tamén vai rompendo estados e xerando pobreza e miseria entre os máis débiles do noso planeta. A corrupción mantense indiferente, o seu único obxectivo é a súa riqueza, o seu poder, posuír máis, acumular máis.
E é que cando convivimos coa corrupción nun país desenvolvido sentimos vergoña. A corrupción paséase indiferente sen mostrar vergoña nin pudor no noso país, un país desenvolvido, democrático e solidario, din. En cambio, a tolerancia coa corrupción chega aos niveis máis altos, ou iso parécenos ao ver día si e día tamén titulares informativos dando mostras dela, ou accións xudiciais mínimas e tremendamente decepcionantes.
Se isto ocorre en países desenvolvidos como o noso, que pasará en países do terceiro mundo, países rotos e empobrecidos, sen nada no horizonte que dea esperanza á súa poboación, países onde a idea da morte por fame é aceptada como un mal endémico imposible de erradicar, din con total resignación. Mentres a corrupción e os corruptos séguense paseando con indiferenza, ante a mirada taciturna de gobernos, políticos e cidadáns que apenas podemos dar crédito ao que ocorre.
Parece coma se ignorásemos a forza da transparencia como norma, transparencia máis aló das palabras, transparencia en todo tipo de transaccións mercantís e financeiras, transparencia na aplicación de leis penais non tolerantes con ningún tipo de corrupción, a transparencia é o antídoto contra a corrupción e os corruptos, xera igualdade ante a lei e o ben común, favorecendo a redistribución da riqueza e pondo un pouco de esperanza en priorizar aquilo que debe ir primeiro: a vida e a dignidade de todas as persoas.

1 comentario:

  1. Son todos presuntos culpables, y presuntos ladrones pero, menos los cabecillas que son los que han tirado de la manta, nadie esta en la carcel. Dimiten o los hacen dimitir pero siguen disfruntando del dinero que nos han robado. Y luego van y detienen a un pobre desgraciado por haber robado media barra de pan. Son todos unos chorizos.
    Sólo los corruptos pueden defender la corrupción en política, y ésto sólo puede ocurrir porque hay muchos que practican la corrupción, la especulación y el fraude en la sociedad; sino que es lo que pretenden ¿que la corrupción sea patrimonio de una parte? Mal camino llevamos y vaya mundo que vamos a dejar a nuestros hijos.

    ResponderEliminar

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.