O informe do consultivo CES difundido o venres, critica con dureza e acusa á Consellería do Mar de que o informe que enviou o día 15, foi un borrador que nada tiña que ver co anteproxecto en firmeA Xunta de Galicia e a Consellería do Mar liderada pola popular Rosa Quintana, fixo caso omiso á lexislación vixente, aprobando a Reforma da Nova Lei de Pesca sen o ditame preceptivo do Consello Económico.
O informe difundido polo consultivo CES, critica con dureza e acusa á Consellería do Mar de que o informe que envión o día 15, foi un borrador que nada tiña que ver co anteproxecto en firme e que é o que debemos ditaminar, tal e como marca a lexislación vixente, afirman.
Este organismo, non se corta e acusa abertamente o abuso que fai a nova Xunta Gobernada polo PPdeG, dos Trámites de Urxencia, saltándose desta forma a legalidade vixente e advirte que este trámite debería reservarse só para aqueles casos que realmente o xustifiquen.
A Consellería do Mar, Rosa Quinta desmente ao do Consello Económico, é insiste en que o que enviaron foi o Anteproxecto.
Tamén carga con dureza sobre as iniciativas de Rosa Quintana acusándoa de suprimir tres apartados do Artigo 8 da Lei de Pesca impulsada por Carmen Gallego e a conformidade do cento por cento do sector.
Así quedarían eliminadas as zonas de produción e comercialización dos produtos que se extraen, creando a xuízo do CES, inseguridade xurídica e deixan ao libre albedrío a venda de especies, podendo entrar libremente e sen ningún control os produtos da cadea paralela de importación arruinando por completo ao sector pesqueiro galego.
Os sectores máis representativos xa informaron que lla acelerado a reforma para evitar a posible valoración da mesma por UXT e CCOO, etc.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.