venres, 16 de outubro de 2009

SR. RAJOY: O DIÑEIRO DE DON "VITO" É DOS CONTRIBUÍNTES

Soster publicamente que catro caraduras montaron unha trama para aproveitarse do Partido Popular, sometido agora a unha suposta persecución política, é un insulto á intelixencia. Nada menos que 18 cargos do PP (de momento)recibiron, en diñeiro branco ou negro ou en especie, 6,3 millóns de euros, cantidade coa que se poden comprar 25 Ferraris último modelo ou 32 pisos de 200.000 euros, iso depende das necesidades ou caprichos de cada cal. O importante de verdade, o que convén que ninguén esqueza, é que ese diñeiro pertence a todos os contribuíntes. Non sae da perspicacia financeira de Don Vito Correa nin dun charramangueiro do calibre do Bigotes. Nin sequera sae de afortunados investimentos en arte do ex tesoureiro e aínda senador Luís Bárcenas ou da aguda visión comercial de conselleiros, alcaldes e concelleiros do PP. As probas deses subornos que figuran no sumario do caso Gürtel son contundentes, como o son tamén as que levan á conclusión de que o PP financiouse ilegalmente polo menos en tres comunidades autónomas. Obviamente con moito máis diñeiro, que tamén sae das arcas públicas. Dito doutro xeito: dos impostos que pagamos entre todos. Deses mesmos impostos cuxa subida cualifica Mariano Rajoy de catástrofe absoluta para o futuro de España.

Os dirixentes do PP teñen perfecto dereito a enganarse a si mesmos coa estratexia de culpar sempre ao próximo dos seus propios males. Pero non a ofender ao cidadán ao que se roubou descaradamente.
JESÚS MARAÑA

1 comentario:

  1. !Sres. Jueces!(no me refiero a los del T.S.J. de Valencia, ávidos en meter bajo la alfombra -archivar-sobreseer- que dicen ellos, hagan gala del poder con el que el pueblo les ha investido y no traicionen a la Historia dejando en la impunidad a los presuntos expoliadores del erario público. Esperamos su investigación exhaustiva y, caiga quien caiga, la ejecución de sus sentencias. El país está ávido de una restitución de sus pertenencias pecuniarias y morales, sobretodo éstas, para que ya próximos a la Conferencia de Conpenhague, España clame con su ejemplo la necesidad de un mundo mejor, más ético, más humano;un punto de inflexión irreversible ( aunque llegue con dos lustros de retraso ).
    Quien quiera desviar la realidad tratando de manipular los hechos debería de reflexionar y de autoanáisis. Lo que está pasando en España es corrupción, manipulación del partido implicado y falta de responsabilidad de sus dirigentes en darle una pronta solución por el bien de éste país y de sus Instituciones democráticas. Esto no es una discusión de gentes de derechas, de izquierdas o de cualquier otra idea; ésto es simple y llanamente un problema de corrupción que afecta a muchos de sus correligionarios y con una responsabilidad directa de sus máximos dirigentes, estén o no informados de éstas "prácticas" y la corrupción, el choriceo en beneficio del partido o en beneficio de cualquier chorizo, en política debe pagarse de manera ejemplar, sea el chorizo del partido que sea; todo lo demás es demagogia y palabras huecas o interesadas.

    ResponderEliminar

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.