venres, 13 de novembro de 2009

CSU: QUE INTERESES REPRESENTA? QUEN ESTÁN? QUEN NON ESTÁN?

O Consello Sectorial de Urbanismo do Concello de Vigo é un looby. Está constituído por representantes de organizacións de empresas directamente beneficiadas pola construción, súa Cámara e Confederación, e indirectamente beneficiados, ocom son: os partidos políticos con membros na Corporación Municipal ou Entidade Menor e Asociacións de Propietarios Inmobiliarios. Complétano os dependentes: organizacións subvencionadas polos partidos anteriores cando están no Goberno, e Asociacións de profesionais contratadas polas empresas citadas.

Non están: A Universidade DE VIGO nin outras Institucións e organizacións directamente relacionadas co impacto da construcción e a actividade humana imprescindibles para avaliar os proles e contras dos modelos de crecemento. Non están os directamente afectados, os veciños cuxas propiedades e contorna (e vida) ven alterados substancialmente polo cambio arbitrario no réxime xurídico do solo e por un crecemento antinatural da cidade.

Non están en definitiva, os cidadáns. O seu lugar é a rúa, lugar onde foron arroxados polo PP, PSOE e BNG cando quixeron exercitar os seus dereitos e solicitaron o cumprimento das leis. É dicir, cando reclamaron Constitución, Estatuto e Democracia. A historia do PXOM de Vigo é a loita pola democracia, a xustiza e os dereitos humanos, por esaxerado que pareza.

Así pués O CSU é a antítese da Democracia. O seu consenso ha de ser por forza parcial e o seu consello interesado. Reclamar a súa vixencia é un anacronismo. E se é convocado por un alcalde do PSOE debería facer reconsiderar a súa complicidade e o seu voto aos socialistas deste municipio.

1 comentario:

  1. Por cierto, pedira carcel tambien el señor Dominguez para sus "cachorros" del BNG que llenaron el casco vello de pintadas y comercios de la calle del Principe pidiendo la independencia despues de beberse lo 37 barreños de cerveza que Santi les regalo con el dinero de todos los vigueses?
    y de las pintadas por toda ciudad sobre POVISA que hacen personas de CIG-BNG, ¿Tambien se las llevara el señor Santi a la juez, o esas como son sus amigos no tienen castigo? Es una pregunta inocente, casi sin importancia, es como interpretan la Ley algunos talibanes.

    ResponderEliminar

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.