venres, 27 de novembro de 2009

NON MÁIS CUMES

Hoxe é un deses días nos que, mire onde mire, todo véxoo insostible. Repaso someramente os titulares para o desánimo. As farmacéuticas soben os prezos dos seus produtos para sacar tallada antes de que se aprobe a tímida reforma sanitaria de Obama. A través de diversos informes advírtellenos de que o noso envexable sistema sanitario non é sostible e expón a necesidade de cobrar aos usuarios. Máis dramático aínda o estrepitoso fracaso do cume mundial sobre Seguridade Alimentaria da FAO, onde as grandes potencias, cuxos dirixentes nin se molestaron en asistir á cita de Roma, se desentienden dos máis de mil millóns de famentos que existen neste miserable mundo. Se desentienden, insisto, porque non consideran entre as súas prioridades a loita contra o fame.
Nadiña de nada de demagoxia supón comparar, como fixo o presidente Lula e recollía en portada varios xornais, os centos de miles de millóns derivados a salvar a situación dos bancos, mentres 17.000 nenos morren cada día por falta de alimentos. A metade dese orzamento bastaría para eliminar a fame do mundo, un arma de destrución masiva máis devastadora que todas as plantas atómicas secretas que o Goberno de Teherán poida ocultar á ONU. Ademais dunha enorme inxustiza, a fame negra é máis perigosa que eses talibáns empregados en dinamitar colexios de nenas en Paquistán. E aínda queda por lamentar o fracaso anticipado do próximo cume en Copenhague. China e EEUU xa se desvincularon do pacto sobre o cambio climático. De momento, seguirán contaminando este panorama tinguido de negro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.