martes, 29 de decembro de 2009

UN PASTOR FREA UN CAMPO DE GOLF

O Supremo frea a construción dun campo de golf porque debe primar o abastecemento de auga

O Tribunal Supremo considerou que o interese xeral de asegurar un abastecemento de auga suficiente debe primar sobre o do desenvolvemento urbanístico, polo que decidiu suspender preventivamente un plan para a construción dun campo de golf en Murcia tras a denuncia dun pastor.
A Sala do Contencioso-Administrativo do Supremo estimou así o recurso presentado polo propietario duns terreos que pretendía conservar o seu uso pastoril, actuando contra a decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Murcia que desestimara a súa denuncia.
Nas súas alegacións, o propietario dos terreos insistía na ausencia dun abastecemento de auga suficiente para manter o proxecto de campo de golf sen afectar os seus intereses, e o Tribunal Superior de Xustiza de Murcia sinalou que o interese xeral non demandaba a paralización do proxecto, ademais de recalcar que o plan contemplaba tamén a construción dunha planta desaladora e potabilizadora para a obtención dos recursos hídricos. Con todo, o Supremo fallou que debe primar o interese xeral derivado do cumprimento da normativa de augas sobre o interese do desenvolvemento urbanístico, e que ademais o proxecto non acreditou a suficiencia dos recursos hídricos necesarios para a súa realización, polo que debe ser paralizado.

1 comentario:

  1. BNG que en paz descanse, PRESENTA:

    LOS DESMANES ECONOMICOS DEL AMIGUETE-ASESOR-COORDINADOR DE LA TENENCIA DE ALCALDIA DE VIGO. SANTI-DOSIO-LAMAS, S.L.

    (27.12.09) Edito para incorporar o acordo da Xunta de Goberno Local de 2.12.2008 polo que se aproba por recoñecemento extraxudicial (ou sexa, porque se contrató se tramitou "á brava" sen procedemento administrativo nin fiscalización previa ningunha) o pagamento da factura por valor de 350.000 euros a favor de Power Boat P1 Management Limited. O apunte debémosllo a un comentario anónimo a esta mesma entrada. Grazas.
    Literalmente a acta recolle:

    6(1881).- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO POR IMPORTE DE
    350.000 € A FAVOR DE POWERBOAT P1 MANAGEMENT LIMITED. EXPTE. 8217/333.
    Examinadas as actuacións do expediente, visto o informe xurídico do 21.11.08, o informe de
    fiscalización do 1.12.08, e de acordo co informe-proposta do coordinador xeral da Tenencia de
    Alcaldía, do 11.11.08, conformado polo concelleiro delegado de Deportes, a Xunta de Goberno local
    acorda:
    Aprobar o recoñecemento extraxudicial de crédito a favor da entidade “POWERBOAT P1
    MANAGEMENT LIMITED”, como organizadora dunha proba do campionato do mundo de
    Powerboat P1, celebrada en Vigo entre o 12 e 14 de setembro de 2008, polo importe de 350.000,00
    € , de acordo coa factura de data; 15-septembro-2008. N: 50351, con cargo á partida e a vinculación
    4521.226.08.00 “organización de actividades deportivas” do vixente orzamento.

    PUBLICADO POR PABLO EIFONSO EN VIGOBLOG 26.12.09 9 COMENTARIOS
    ETIQUETAS: MEDIO AMBIENTE, POWERBOAT

    MENTRAS TANTO, MOITA XENTIÑA DORMINDO E MORRENDO NA RUA DE FRÍO.

    PRIMEIRO PAN E LOGO CIRCO NON SÍ.

    ResponderEliminar

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.