Imputan a un cargo do Ministerio de Medio Ambiente polo recheo do porto de VigoNo auto xudicial impútase a María Jesús Rodríguez, directora xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do Ministerio de Medio Ambiente, «un presunto delito de prevaricación e outro contra o medio ambiente por ditar unha resolución na que manifestaba que a execución da obra de mellora da operatividade dos peiraos comerciais non requiría dunha avaliación de impacto ambiental distinta da xa realizada en relación co proxecto de ampliación do peirao do Areal, obra que de haberse realizado tería unha extensión superior», asegúrase no auto.
Elena Espinosa volve ás andadas
O 14 de setembro de 1994, José Carlos Montero, maxistrado do Xulgado do Penal número dous de Vigo, absolveuna dun delito contra a saúde pública e o medio ambiente. O Ministerio Fiscal considerouno un delito ecolóxico e pediu para ela unha pena de tres meses de cárcere e multa de dous millóns das antigas pesetas.
A ministra de Medio Ambiente permitiu obras de recheo en Bouzas, na ría de Vigo, omitiendo medidas correctoras para impedir un posible impacto ambiental na zona, segundo consta na acusación do fiscal. O proxecto, bautizado co nome de Petrovigo, supuxo a vertedura de terras sen limpeza e sen depurar na auga, achegando materiais de refugallo e lixo á ría.
A decisión adoptada por Espinosa, na súa calidade de directora da Xunta de Obras do Porto e ría de Vigo, provocou «unha clara contaminación fecal e química que supuxo a deterioración da integridade ecolóxica e da sanidade ambiental da ría», polo menos, así o consideraba o fiscal. O Ministerio Público chegou a cuantificar perdas de 1,3 millóns das antigas pesetas por ano por mor da redución de produción de mexillón.
A pesar da acusación pública e á da Asociación de Vecinos Nosa Terra de Alcabre, o xuíz considerou que non se lle podía atribuír responsabilidade ningunha a Elena Espinosa, xa que os traballos de recheo na ría databan dun tempo en que a ministra non desempeñaba as funcións de presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo. O maxistrado Montero apuntou falta de probas, segundo consta na sentenza.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.