domingo, 24 de xaneiro de 2010

A MAIOR AXUDA DO IGAPE FOI PARA "LA VOZ DE GALICIA"

A empresa Galicia Editorial, participada nun 98,8% por La Voz de Galicia, recibiu o ano pasado a maior subvención concedida polo Instituto Galego de Promoción Económica. O organismo dependente da Consellería de Economía autorizou en novembro unha partida de 2,2 millóns de euros á empresa dedicada a tarefas de impresión, para un proxecto de 22 millóns de euros co obxectivo de modernizar as súas instalacións e que inclúe a compra dunha nova rotativa. O mesmo plan de investimento conta con outra subvención do Goberno central de 2,6 millóns de euros dentro dun programa de incentivos rexionais. O grupo quere deste xeito construír 1.138 metros cadrados de novas instalacións con maquinaria de edición, equipos de preimpresión e informáticos. Galicia Editorial, fundada en 1988, pasou de SA a SL en xaneiro de 2009.
A segunda subvención do Igape máis cuantiosa foi de 1,8 millóns para a firma Vego Supermercados, do grupo Vegalsa-Eroski. A sociedade conta con 225 establecementos en Galicia e opera baixo as marcas Eroski Center, Autoservicios Familia, Aliprox e os almacenistas Cash Record.
Na mesma convocatoria de axudas, dedicadas a sufragar ata o 30% dos proxectos para realizar grandes investimentos, a terceira empresa que máis apoio recibiu do Igape foi a viguesa Afamsa, dedicada á fabricación de aceites e fariñas de peixe.

1 comentario:

  1. El peor de los enemigos en estos casos, léase Alfajeme, metal etc.
    Es la pasividad y en muchísimos casos en contra del resto de los ciudadanos que no solamente no apoyan, sino que critican porque les “molesta” ver tanto obrero junto en la calle y si estropean un contenedor
    ¡¡Es que lo pagamos entre todos!! Dicen… Y es que además andan con esos petardos…

    Pero si las fanfarrias montadas todos los años por los curas de cada barrio, joden los jardines (Ej. Fiestas de Coia) Y nos tiene con los altavoces y las bombas jodiendonos cinco días hasta las cuatro de la madrugada, esos mismos que tanto protestan contra los “altivos” obreros, no dicen nada, tampoco de los desorbitados sueldos de los políticos, que también pagamos todos…

    Entonces es necesario empezar a releer aquello tan viejo pero de plena actualidad de Bertold Bretch que decía:

    Primero se llevaron a los comunistas
    pero a mi no me importó
    porque yo no lo era.

    En seguida se llevaron a unos obreros
    pero a mi no me importó
    porque yo tampoco lo era.

    Después detuvieron a los sindicalistas
    pero a mi no me importó
    porque yo no soy sindicalista.

    Luego apresaron a unos curas
    pero como yo no soy religioso
    tampoco me importó.

    Ahora me llevan a mi
    pero ya es tarde.

    Hoy en día, para las multinacionales y el capitalismo del libre mercado, un ingeniero, arquitecto, o un abogado, es un trabajador más que utiliza y tira igual que al obrero manual.

    Ya no hay vacas sagradas para el capital.

    ¡¡DESPERTAD!!

    ResponderEliminar

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.