sábado, 23 de xaneiro de 2010

RETROCESO NO PROCESO DE NORMALIZACIÓN DO GALEGO

Cinco académicos elaboran un informe no que se mostran desconformes co decreto de Feijóo

A Real Academia Galega (RAG) publicou unha análise de trece páxinas titulado "Bases para o decreto do plurilingüísmo no ensino", no que analiza a proposta de decreto de Núñez Feijóo e explica que este podería producir un "retroceso no proceso de normalización da lingua galega". Así mesmo, informa de que "infrinxe a lexislación vixente e a xurisprudencia emitida polos altos tribunais".
O ditame critica que o decreto "non se sustenta nunha mellor organización do proceso pedagóxico, senón unicamente en promesas electorais de dubidosa legalidade e que, por esta razón, non parecen validables polas urnas". A RAG considérase sorprendida polo decreto, xa que explica que "o partido que sustenta o Goberno actual xogou un importante papel en lexislaturas anteriores para alcanzar os consensos que permitiron aprobar a Lei de Normalización Lingüística (1983), a firma da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias (2001) e o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (2004)".
Os académicos conclúen afirmando que "na reactivación do Plan Xeral e na transversalidade da Política Lingüística, que hoxe parece reducida, está o futuro da pacificación lingüística".
O informe, elaborado por cinco académicos, foi debatido nunha sesión do plenario como parte dun proceso iniciado o luns once de xaneiro e sobre o que a práctica totalidade dos membros manifestaron a súa desconformidade co contido do decreto de Feijóo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.