Un xulgado de Ourense ampliou a investigación por suposto fraude na repartición de fondos europeos contra o actual delegado da Xunta de Galicia na provincia, Rogelio Martínez, do PP. O PSOE entregou ao xuíz facturas de pagos a empresas de Martínez con cargo a subvencións europeas. A pasada primavera, unha sentenza da Audiencia Nacional xa acreditou que Martínez certificou falsamente obras nunca realizadas para cobrar 54.000 euros en axudas da UE para un organismo local que el presidía.As facturas en poder do xuíz acreditan pagos, entre 2000 e 2001, por valor de polo menos 6.000 euros a un restaurante do delegado da Xunta e a unha axencia de viaxes dun irmán seu. O Concello de Arnoia, do que Martínez era alcalde cando sucederon os feitos, tampouco puido xustificar o destino dado a outros 64.908 euros procedentes da Unión Europea.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.