luns, 8 de febreiro de 2010

O 7% DOS BOSQUES ESPAÑOIS É SOSTIBLE

Cinco comunidades non teñen nin unha hectárea con certificado de sustentabilidade

Aínda que a media de bosques con certificados voluntarios de xestión sostible de Europa occidental é do 52%, a situación en España está lonxe desa cifra. Segundo os datos presentados poloo Programa de Certificación Forestal (PEFC, das súas siglas en inglés), só o 7% dos bosques españois posúe este título.
As cifras por comunidades son moi dispares. Cinco delas non teñen nin unha soa hectárea certificada. É o caso de Madrid, Canarias, Baleares, Castela-A Mancha e Estremadura. No extremo oposto sitúase Navarra cun 35,37% da súa superficie arborada. En segundo lugar está A Rioxa, co 28,23%.
O certificado de xestión sostible dos bosques é un selo outorgado a aqueles cuxa xestión segue uns criterios establecidos na normativa europea. A xestión do bosque e os produtos obtidos del cumpren funcións "económicas, ecolóxicas e sociais", afirmou a secretaria xeral do PEFC en España, Ana Belén Noriega.
A superficie certificada aumentou en 60.305 novas hectáreas en 2009. Con todo, "aínda queda moito por facer", dixo Noriega. "Aínda que a tendencia é positiva, temos que achegarnos máis á media de Europa occidental".

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.