sábado, 6 de marzo de 2010

UN DÍA HABERÁ QUE ELIXIR

A saúde da democracia escápallenos polas mesmas troneras a través das cales a inepcia e a corrupción cóanse por milleiros para alagar unha parte moi visible da nosa vida pública. Esas vías de auga son unha leis electorais pensadas en momentos de transición nos que primaban dous obxectivos entre outros: fortalecer uns partidos moi débiles con normas que asegurasen a súa disciplina interna e facilitar a gobernación de autonomías e municipios trasladando a estas os principios de proporcionalidade e parlamentarismo que rexían nas Cortes Xerais.
O primeiro deses bos propósitos acabou sufocando a vida parlamentaria ata convertela nunha parodia na que, en ocasións, os deputados nin sequera coñecen o botón que deben apertar. O segundo traduciuse, con frecuencia, nun pasaporte para alianzas antinaturais sen máis afinidade que a cobiza do poder e en patente de corso para políticos e grupos sen escrúpulos que albergan a única ambición de pór en almoneda os seus votos para obter posicións de control desde as que enriquecerse, coa complicidade ou a anuencia de quen compraron os seus escanos cunha man no nariz e a outra aferrada á cana do poder.
Dous aniversarios coincidentes ilustran o moi distinto uso que se pode facer desas leis na política autonómica. O primeiro aniversario do goberno non nacionalista vasco recorda a construción dunha maioría parlamentaria desinteresada co único propósito de favorecer unha alternancia tan saudable como oportuna. O outro, que festexa o día da comunidade en Baleares, subliña o uso corsario que se fai de tales maiorías. O dilema non é fácil: o uso adecuado das leis non debe fiarse á boa fe dos seus destinatarios, pero entón non serían posibles gobernos como o de Patxi López. Un día haberá que elixir.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.