mércores, 10 de marzo de 2010

UNHA SENTENZA DECLARA ILEGAIS A 52 CHALÉS

A promotora construíu xunto ao mar e con licenza para apartoteles

Parecía unha flagrante ilegalidade desde a súa construción en 1991, e a xustiza acábao de confirmar. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) deulle a razón ao ditame da Xunta, que en 2007, durante o Goberno bipartito, incoou un expediente administrativo contra unha urbanización de 52 chalés de luxo construídos en solo rústico e xunto ao mar no Grove (Pontevedra). A promotora, Improin, había segregado a parcela cualificada como solo rústico, incumprindo así a Lei do Solo de Galicia.
A sentenza non alude de forma explícita á derriba, polo que aínda está por ver cando se escribirá o punto final deste preito urbanístico, e como se reparará a segregación fraudulenta da parcela, clasificada como rústica non urbanizable nun lugar paradisíaco, xunto a unha praia.
O fallo, que desestima o recurso dos promotores contra a resolución da Xunta, ordena a restitución da parcela matriz ao seu estado orixinal, que deberá axustarse á licenza pola que foi autorizado o apartotel. Tamén establece a obrigación de comunicar ao rexistro de Cambados a imposibilidade xurídica da súa parcelación destinada a chalés encostados. O TSXG limitouse a validar a resolución do departamento que en 2007 dirixía a ex conselleira María José Caride, que non se pronunciou sobre a derriba dos chalés, senón unicamente respecto ao uso fraudulento da leira convertida en urbanización privada.
Dúas frontes abertas
A pesar das dúas frontes xudiciais abertos, un penal e outro administrativo, este último agora resolto polo TSXG, a urbanización fai xa anos que está habitada polos 52 propietarios dos chalés. En maio de 2007, días antes das eleccións municipais, axentes da Garda Civil fixeron un rexistro por sorpresa no Concello do Grove, de onde levaron todos os expedientes do caso Raeiros. A entrada e rexistro estaba relacionada cunha denuncia por delito urbanístico que agora podería activarse tras o ditame sobre este contencioso.
A sentenza traspasa ao Concello a responsabilidade de decidir sobre o futuro da polémica urbanización. O alcalde, José Antonio Cacabelos, do PSOE, reunirase co seu equipo xurídico para decidir sobre o futuro dunha urbanización polémica desde os seus inicios debido ao seu impacto ambiental e paisaxístico, xa que se atopa nunha zona de protección e en primeira liña de costa.

1 comentario:

  1. En el Grove, desde siempre, como en otros Concellos, reina el más completo compadreo urbanístico y parece que nadie responde. En barreiros ya se vé lo que se pretende legalizando lo ilegalizable y todos tan tranquilos.El problema es el incumplimiento de la ley y la pasividad de fiscales y jueces que incumplen su labor de control de la legalidad.
    Todo es público y notorio pero la justicia sigue con la venda en los ojos y lo malo es que suele ser para no ver a los que destrozan la ley y se centran en creer que galicia es el oeste americano. Y lo peor es que lo está siendo.
    Saludos.
    Ataturk

    ResponderEliminar

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.