luns, 12 de abril de 2010

ANTIDEMÓCRATAS

Teño medo polo xuíz Pedreira. Porque os corruptos de Gürtel poden ser unha panda de zafios, prepotentes, endiosados e chulos con jetas de picadores de touros (dito sexa sen ningún respecto para os picadores de touros, profesión que aborrezo), pero a alma do Partido Popular que lles acubilla e bota balóns fóra é tortuosa, astuta e ladina, escrito sexa no sentido máis peyorativo dos termos, que diría a inmarcesible señora Díez. O silencio do señor Rajoy non é o dos cordeiros. É o dos lobos que só asoman a patita por baixo da porta logo de haberlla untado ben en fariña.
Non son dado ás teorías conspiratorias, pero non me cabe a menor vacilación: hai unha trama contra a Xustiza, para desmontar un a un os casos que amolan á dereita e, de paso, facerse por completo co control dunha institución á que nunca deixaron de pertencer algúns dos máis férreos defensores do antigo réxime (antes de 1975) e dos seus actuais representantes na terra. A campaña non empezou coas denuncias dos falanxistas e compañía contra Garzón. Iniciouse antes, recorden. O monstro asomou a cabeza cando, ao pouco de facerse público o caso Gürtel, o ministro de Xustiza, Mariano Fernández Bermejo, viuse obrigado a dimitir polas presións dun PP que lle acusaba de confabulación con Baltasar Garzón por ir a cazar con el.
Miúda viga no ollo, a desta xente. Pero saibamos que andan buscando pallas no armazón da Xustiza, e que o fan para apoderarse do todo co mando. Un ansia de mando da que nunca se desprenderon, o mando para someter, o mando para utilizar a democracia, non para servila.
Díxoo moi clariño don Santiago Carrillo na súa entrevista no xornal El Pais. Que se seguen así non merecen nin ser oposición.

Hipócritas, saca primeiro a viga do teu ollo, e entón verás claro para sacar a palla do ollo do teu irmán. En certo xeito este termo, axústase aos fariseos, que desprezaban aos demais, téndose eles polos homes xustos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.