xoves, 6 de maio de 2010

CHEIRA A QUEIMADO

Hai deputados socialistas que admiten que o Goberno está queimado e gripado.

Admiten que cada vez lles custa máis defender as iniciativas do Goberno porque non saben o que van durar antes de que alguén desautorice a outro alto cargo.
Que hai membros do Goberno que fan o posible para amolar ao de á beira e que hai desaxustes nas vicepresidencias que ven ás leguas. O dos funcionarios é a última dun longo rosario de rectificacións e tropezóns.
Que por dar tantos xiros ninguén sabe onde están e onde acabarán.
Que o da comision distrae, pero non se sabe onde conduce. Que só lles salva a estratexia do PP. Que necesitan a Rajoy.
E hai deputados no PP que non entenden onde vai o seu partido. Non entenden que Rajoy apele aos deputados do PSOE para acabar con Zapatero. Non entenden que Rajoy non fixe posicion clara sobre algúns temas. Non entenden que se deixou atrapar na trampa da negativa ao acordo. E aseguran que lles salva o desnortado que está o Goberno. Que necesitan a Zapatero.

A tasa de paro española supera o 20% por primeira vez...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.