mércores, 26 de maio de 2010

OS DEPUTADOS


Fillo meu, por favor, do teu brando leito salta.

Déixame durmir, mamá, que non fai ningunha falta.

Fillo meu, por favor, que traio o café con leite.

Mamá, deixa que nas sabas un intre máis aproveite.

Fillo meu, por favor, que España enteira afánase.

¡Que non! ¡Que non me levanto porque non me dá a gana!

Fillo meu, por favor, que o sol está xa no alto.

Déixame durmir, mamá, non pasa nada se falto.

Fillo meu, por favor, e se o teu xefe enfádase?

Que non, mamá, déixame, que non me vai pasar nada.

Fillo meu, por favor, que xa durmiches en exceso...

Déixame, mamá, que son deputado do Congreso e se falto ás sesións nin advirte nin se nota.

Soamente necesito acudir cando se vota, que os deputados somos ouvellas dun rebaño para votar o que digan e durmir no escano.

En serio, mamita miña, eu non sei por que che inquietas se por ser culiparlante cobro o meu soldo e as miñas dietas.

O único que preciso, de verdade, mamá, non insistas, é conseguir outra vez que me poñan nas listas.

Facer a pelota ao lider, ser sumiso, ser amable e aplaurdirlle, por suposto, cando na tribuna fale.

E é que ser parlamentario fatiga moito e amuerma.

Por iso estou tan moido. ¡Deixame, mamá, que durma!

Bo, déixoche. Fillo meu. Perdóame, laméntoo.

Eu non sabía a tensión que produce o Parlamento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.