mércores, 23 de xuño de 2010

PARA GOBERNAR

Para gobernar, os representantes dos partidos políticos xuraron ou prometeron gardar a Constitución. E así o fixeron.
Se a lei promúlgase para defender o ben común e o interese xeral, detrás da lei está a comunidade, e saltarse a lei pola Administración é perpetrar un ataque e cometer un abuso contra o pobo, que debería ter, no ordenamento xurídico, especial gravidade por canto é realizado polos seus veciños, paisanos ou compatiotras, aos que os cidadáns confíaron a xestión dos asuntos comúns. Nese sentido, ¿non debería ser salvagardada con especial coidado?, ¿non debería ser a Constitución un símbolo do Estado? Contésteme: se a Constitución fose unha bandeira, ¿o incumprimento groseiro e flagrante da lei por parte da Administración non sería cualificado como unha ofensa intolerable? E, se a Constitución fose un segredo de Estado, ¿a súa violación non sería cualificada como alta traizón? ¿Seica a Constitución é menos?

O Supremo anula o maior polígono industrial de Galicia

O Tribunal Supremo anulou o plan sectorial que permitiu á Xunta promover en 2002, baixo a presidencia de Fraga, a Plataforma Loxística Industrial Salvaterra-As Neves (Plisan), o maior polígono industrial de Galicia, de 4.196.167 metros cadrados e actualmente en fase de desenvolvemento, por integrar nesa superficie 700.000 metros cadrados de solo rústico de especial protección forestal.

Os afectados consideraron que son responsables deste "desastre" as consultoras redactoras do proxecto, así como "quen o deron por bo aprobándoo", a Xunta que entón presidía Manuel Fraga. Os veciños acusan singularmente ao director do porto de Vigo, Luís Lara, de intentar prexudicarlles. "É hora de facer rodar as cabezas dos responsables, que teñen nomes e apelidos", afirman.

"calquera ben que houbese que protexer a estas alturas xa non existe, pois as obras seguiron adiante"

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.