venres, 2 de xullo de 2010

CRTVG PAGOU PRIMAS DE ATA 6.000 € AOS SEUS DIRECTIVOS

Os directivos da Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) teñen estipuladas unhas pagas extraordinarias en función do cumprimento de obxectivos que van dende 2.500 a 6.000 euros. O Comité Interempresas denunciou onte que este ano volveron cobralos a pesar dos recortes salariais que afectan ao resto do equipo e "de que a audiencia e o servizo público non parecen obxectivos cumpridos".
Un voceiro de CRTVG explicou a este xornal que a paga, "que forma parte da estrutura salarial de sempre", se deu en marzo, cando aínda non se estableceran as rebaixas salariais, impostas dende fóra da empresa. "A dirección vén dunha redución 52 a 38 directivos, baixou os soldos un 3% en xaneiro e agora entre 7% e 15% coa aplicación do Real Decreto. Parece que o comité quere cargar nos directivos unha redución salarial que vén dende fóra. Aquí fixéronse os deberes e dun xeito forte", defendeu o voceiro.

1 comentario:

  1. LOS LADRONES VAN A LA OFICINA...

    Miles de familias en el paro gracias a que el gobierno usa el dinero, que recaudan mediante los impuestos y quitándoselo a trabajadores directamente, en metérselo en sus bolsillos, invertir en bienes inmuebles fuera de España, vivir con auténticos lujos, repartir millones entre los vividores sindicalistas que no dan un tajo, o repartir millones entre los otros vividores de la RTVG.
    - Cada dia que pasa los políticos se enriquecen más y más. Por ello reducen pensiones y luego las quitarán, bien directamente o mediante la eutanasia a los mayores jubilados en cuanto entren en un hospital.
    - Reducen los sueldos de los empleados públicos y los beneficios que llevan años recibiendo.

    ResponderEliminar

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.