Suponse que Galicia debería ir cara a un novo modelo de crecemento no que as novas tecnoloxías, a educación, o medio ambiente e a paisaxe, as enerxías renovables e o cambio demográfico pasarían a converterse nas prioridades, sustitutivas dunha estratexia de aumento do PIB sustentada no ladrillo e no cemento, e impulsada por un sistema financeiro altamente desregulado, que proporcionaba liquidez abundante e barata.
Entre finais de 2005 e principios de 2009, déronse algúns signos alentadores por parte da Xunta, con interesantes enfoques alternativos á economía desarrollista, que ben poderían encadrarse dentro da lóxica da economía institucional. Por exemplo, a prohibición cautelar de construír nos primeiros 500 metros da liña de costa.
Con todo, a oposición política evitou sempre entrar no fondo do debate; é dicir, no metabolismo do modelo xerador de tales engendros e dunha crise económica, acompañada dunha gran depresión, similar á de 1929 e anos posteriores.
Aínda que, paradoxalmente, a prohibición dos 500 metros evitou que moitas empresas e particulares se arruinasen, a oposición aproveitou a situación para transmitir a idea de que dita medida non facía máis que agravar os efectos da crise en termos de investimento e desemprego. Cando, en realidade, a caída da demanda de vivenda e segunda residencia, co consecuente aumento dos stocks dunha e outra, fora provocada polo estalido da burbulla inmobiliaria.
Que quen desde a oposición desvirtuaron as causas do problema, sexan agora os que gobernan e teñen maioría parlamentaria suficiente para sacar adiante un paquete de leis sobre o territorio, o urbanismo, a habitabilidade, o medio ambiente e a paisaxe, nas que se garanten a si mesmos o dereito a que a normas poidan ser inaplicadas mediante o ardid da excepcionalidade discrecional, resulta inequivocamente preocupante á vez que desalentador.
Tanto máis, canto que desde a propia Fegamp, cuxa dirección ostenta un alcalde socialista, asúmense con alegría reverencial as pautas de xestión e uso do territorio que marca o Goberno Feijóo. Obviamente, as claves desa complicidade non hai que buscalas na política, senón nos intereses económicos que subxacen nelas.
A última entrega de Greenpeace sobre o seu coñecido informe Destrución custe o que custe, insiste no que xa sabemos todos: o litoral galego é unha desfeita. E o peor de todo non é xa o irrecuperable, o peor de todo é que a lóxica política, económica e social (electoral) que causou tantos estropicios é a mesma que se dispón agora a ocultar os problemas e maquillalos ata onde lle sexa rendible.
Para iso contan cun instrumento, a análise monetaria do problema ambiental. Ou como diría José Manuel Naredo, a redución á linguaxe unidimensional dos valores monetarios do que debería ser unha reflexión económica sobre os aspectos físicos, territoriais e sociais.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.