sábado, 10 de xullo de 2010

OS LADRÓNS TEÑEN UNHA SEGUNDA OPORTUNIDADE

Houbo unha vez un país, chamado España, onde as declaracións da Renda de todos os cidadáns foron públicas. Era unha democracia nova, e talvez máis inxenua. Era 1978 e ese ano, para variar, calquera puido coñecer ao detalle canto pagaba cada veciño ao fisco, canto declaraba, canto dicía ter. Foi un escándalo tras outro, foi divertido mentres durou. A prensa difundiu listas cos contribuíntes máis notables onde non era raro descubrir por que os ricos eran tan ricos: porque a Renda sempre lles saía a devolver.
En Noruega, e nalgún outro país civilizado, aínda manteñen esta exemplar honestidade fiscal. En España a transparencia durou pouco: só foi un ano e non máis. Aquela medida aprobada polo Goberno para "potenciar un clima de sinceridade fiscal" foi derrogada coa escusa do terrorismo, co argumento de que facilitaba o cobro do imposto revolucionario. Cabe preguntarse que pasará cando ETA deixe de matar, aínda que a resposta é obvia: dubido que a transparencia fiscal volva xamais.
Estes días, sigo con atención a noticia deses centos de insignes contribuíntes aos que pillaron co diñeiro negro escondido en Suíza. Segundo algunhas filtracións, na lista aparecen algúns importantes empresarios e ata políticos; obviamente, xente de diñeiro e de poder. Algún inxenuo podería pensar que a lista de ladróns chegou a mans das autoridades porque o G-20, fai un ano, acabou cos paraísos fiscais. Pois se equivoca: foi un empregado dun banco suízo quen roubou esa lista de contas e despois traspasouna. Non é sequera unha investigación española a que destapou esta masiva fraude, o chivatazo chega de Francia. ¿Irse inmediatamente ao xulgado?¿E que fixo Facenda? Pois non. mandou unha carta aos ladróns para que "regularicen a súa situación". Para algúns delincuentes, sempre hai unha segunda oportunidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.