sábado, 7 de agosto de 2010

OS EUROPEOS 'PASAN' DA POLÍTICA

Os cidadáns europeos suspenden aos seus políticos

Segundo os resultados dunha macroencuesta, a media europea suspende aos políticos con 3,4 puntos sobre 10

Aos europeos interésalles moi pouco a política e sobre todo desconfían dos partidos e dos políticos. Nunha macroencuesta a 21.000 persoas elaborada en 14 países, entre os que se inclúen Suíza e Turquía, os temas relacionados coa política son os menos interese espertan.
A media europea dá aos políticos un suspenso de 3,4 puntos sobre 10. Os españois somos os sextos que peor os valoramos, e en canto aos partidos, somos dos que menos nos fiamos deles, de feito só os turcos fíanse menos das súas formacións políticas que os españois.
Chelo Perera, responsable dos estudos da Fundación BBVA, asegurou que estes resultados son habituais: "Os partidos e os políticos están sempre expostos aos medios de comunicación e son avaliados diariamente pola opinión pública", explicou, afirmando este como o motivo principal da baixa posición dos dirixentes políticos nas enquisas levadas a cabo.
Os médicos, os mestres e os científicos como grupos profesionais e a universidade e o Exército como institucións, son os únicos que aproban con nota, levan o notable ou o sobresaliente da valoración dos cidadáns de media Europa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.