xoves, 19 de agosto de 2010

A PEPIÑO BLANCO (SUBIDA DE IMPOSTOS)

Os traballadores españois soportan un esforzo fiscal superior á media europea. Confírmano os propios técnicos de Facenda. Non se poden desligar factores esenciais como o soldo e o poder adquisitivo á hora de calcular os impostos. Como comprobaredes no enlace, a precariedade dos nosos soldos -e algo poden facer as políticas niso- é case insultante, e un agravio comparativo respecto dos asalariados europeos.
Segundo os cálculos de GESTHA, "se consideramos os impostos que soporta un español polo consumo (IVE e Impostos Especiais), a presión fiscal sobre o salario medio elevaríase desde o 37,8% ata o 47,01%". Máis que Holanda ou Finlandia e o resto dos países cuxos cidadáns gozan dun investimento neles, un gasto social, que nós xamais coñecemos. Ata pagarlles lentes e dentista no caso de Países Baixos. Máis dun ano de baixa maternal remunerada en Suecia. Adianto do pago para cursar unha carreira universitaria en Alemaña.
A iso engadimos que os empresarios apenas cotizan un 10% dos seus beneficios, segundo, neste caso, un estudo interno da Axencia Tributaria. Atentos, o 47,01% real nós, o 10% as empresas. O IVE e impostos especiais -que tamén pagan as empresas- non achega nin en soños a cifra.
Os impostos son esenciais no chamado "Estado do Benestar", ninguén con conciencia social rexeitaríaos, pero un chisco de equidad e xustiza non viría nada mal. Ou se non, nos "homologamos" só quen pagamos. Sería partidario. ata, de "homologarnos" directamente, cruzando os Pireneos.

O custo da vida en España roza xa a media da UE con salarios 15% máis baixos...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.