O Sr. Méndez Romeu, nas súas declaracións a La Voz de Galicia, critica indirectamente ao Sr. Caballero e esquécese das vítimas dos pactos co BNG. O PSOE aprobou o PXOM de Vigo sabendo que era ilegal. En 2007, o ciclo económico estaba cambiando, a burbulla picouse e a crise comezara; o Plan era inviable, puramente especulativo e de alto impacto ambiental: aínda así, aprobárono. Cando sexa declarado ilegal o PXOM de Vigo no Tribunal de Xustiza de Galicia verase claro ata onde chegou o PSOE na súa traizón ao socialismo e aos cidadáns que lle deron o seu voto en Vigo. O que para moitas persoas afectados por derribas e recualificacións significou anos de angustia, de loita e de gastos, para o PSOE non é máis que unha decisión incomoda.O tratar de ter acordos continuos co Bloque lévanos a adoptar decisións incómodas, ás veces difíciles de explicar ao noso propio electorado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.