Aprobado o concurso para redactar o proxecto do subterráneo. Pero non hai diñeiro asegurado para a obra
O Concello de Vigo solicitou por dúas veces un aprazamento das anualidades coas que a Xunta vai financiar cun custo de 1,1 millóns de euros a redacción do proxecto do túnel entre Julián Estévez e a ETEA, clave para o desenvolvemento de Teis.
En ambas as ocasións polo mesmo: non estaban aprobados os pregos do concurso, a parte que lle toca realizar á Administración local. 'Atrasárono porque non fixeran os seus deberes ata agora', afirmou o portavoz do PP, quen puido xustificar con informes oficiais a súa afirmación. Finalmente, xa se puido abrir a licitación do proxecto deste subterráneo, aínda que en absoluto está garantida a posta en marcha dunha obra de 30 millóns ao non haber financiamento asegurado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.