sábado, 11 de setembro de 2010

MADRID, GALICIA, CANARIAS E VALENCIA TEÑEN OS PEORES SERVIZOS SANITARIOS

Os seus puntos negros son o pouco investimento e a aposta pola privatización

Navarra, Asturias, Castela-A Mancha e Castela e León son as Comunidades Autónomas cos mellores servizos sanitarios, segundo os datos dun informe presentado pola Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública, que conclúe que Madrid, Galicia, Canarias e a Comunidade Valencia son as rexións que contan cos peores servizos.
O obxectivo do informe, segundo explicou o portavoz da Federación, Marciano Sánchez Bayle, é o de comparar ás Comunidades Autónomas entre elas, xa que "aínda que o sistema sanitario español, en xeral, ten unha situación boa, dentro do país existen diferenzas preocupantes".

A aposta pola privatización
De acordo co informe, os puntos negros das Comunidades peor situadas son un gasto per cápita moi baixo sostido durante anos e unha aposta pola privatización, especialmente en Madrid e Valencia.
País Vasco, a que inviste máis
A Comunidade que máis inviste é o País Vasco, con 1.623,08 euros, e a que menos destina á Sanidade, Baleares, con 1.066,37 euros. Son case 500 euros de diferenza por persoa, segundo indica o informe.
Madrid, Valencia, Galicia e Canarias
Sánchez destacou que Canarias, Madrid Galicia e Valencia levan anos manténdose nos postos máis baixos e, de feito, Valencia ocupou o último posto en 6 dos 7 informes realizados desde 2004, ano en que se transferiron as competencias sanitarias ás Comunidades.
Madrid, antes á cabeza
É moi significativo, segundo dixo o portavoz da Federación, que Madrid "antes da transferencia de competencias tiña un dos mellores sistemas sanitarios" de España.
Os parámetros analizados
Para a realización do informe tivéronse en conta parámetros de "financiamento, recursos e funcionamento"; "política farmacéutica"; 'valoración dos cidadáns'; 'listas de espera' e 'privatización sanitaria'.
Camas por 1.000 habitantes
Un dos datos "máis preocupantes" é o número de camas por 1.000 habitantes, no que hai unha diferenza de dúas camas por cada 1.000 habitantes entre comunidades como Valencia (2,69) e Cataluña (4,50), xa que, segundo indicou, "limita a posibilidade de hospitalización dos pacientes".

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.