xoves, 30 de setembro de 2010

A REDE DE AEROPORTOS EN ESPAÑA

Unha vez máis, o anuncio de incremento das taxas aéreas pon de manifesto a incapacidade do Goberno para realizar unha ordenación do territorio adecuada a nivel estatal. É un feito coñecido que a existencia de 48 aeródromos no territorio nacional é unha mostra clara de ineficiencia económica; dentro da rede aeroportuaria hai aeroportos que non son rendibles e as súas perdas deben ser sufragadas por un mecanismo de compensación cos ingresos dos outros.
Ademais, esta situación sobre a que non se toma acción ten efectos negativos en dous sentidos: primeiro, non cumpren coas directrices da Unión Europea na materia que recomendan que os gastos de explotación de cada aeroporto atópense equilibrados para garantir a súa viabilidade económica; segundo, desencadean guerras pola captación de voos, as mesmas que poden ter dous ámbitos de actuación dentro das propias Comunidades Autónomas como poida ser o caso de Galicia ou Cataluña -recordemos as declaracións de Mas sobre o aeroporto de Barcelona con respecto a Xirona e Reus- ou ben entre as propias Comunidades Autónomas como Asturias, Cantabria e Galicia.
En definitiva, a proposta do Goberno nos seus Orzamentos Xerais do Estado, lonxe de fomentar, valla a redundancia dado que sae do propio Ministerio de Fomento, a primeira industria nacional que é o turismo a través de prezos competitivos, recorre á solución fácil de subir as taxas naqueles aeroportos con volume de negocio, sen encarar o problema estrutural dunha reordenación e peche daqueles aeroportos que non son rendibles.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.