venres, 5 de novembro de 2010

MARIANO RAJOY, OUTRO BEN PAGÁO

Contesta o propio interesado, nunha entrevista no País: "Pois eu debo gañar uns seis mil e bastantes máis euros netos ao mes, máis a miña asignación de case 3.000 euros pola miña condición de deputado". E hai noticia na súa resposta, porque fai tres anos, en 2007, Rajoy contou noutra entrevista que gañaba "3.000 euros como deputado e 5.000 máis do partido", así que unha de dúas. Ou o líder da oposición mentiu naquela ocasión, ou ben Rajoy aproveitou a crise para subirse o soldo un 30%.
Con todo, a súa resposta é nebulosa. "Debo gañar", contesta Rajoy , que comete un delicioso erro gramatical: dito así, implica obrigación ("pois eu estou obrigado a gañar..."), cando o que parece querer contestar é que "debe de gañar...", é dicir, que probablemente gañe iso, pero que non o sabe con exactitude. Nós tampouco o sabemos porque os soldos dos partidos son opacos, aínda que se financien con diñeiro público que pagamos a escote todos os contribuíntes. Pero se poden facer algunhas contas.
Dependendo do número de pagas ao ano e de canto sexa o "bastantes máis", Rajoy cobra do PP entre 130.000 e 180.000 euros brutos anuais. Parece lóxico que a cifra real estea pola parte alta da pinza, pois De Cospedal, a súa segunda no partido, cobra do PP 167.865 euros anuais. Sumado ao seu salario de deputado, e tamén ao que poida gañar como patrón da FAES- unha actividade que revela como remunerada na súa declaración de actividades do Congreso-, sae un soldo redondo que non ten nada que envexar ao cuarto de millón de euros anuais que cobra De Cospedal. Así que xa ven que drama: se algunha vez Rajoy chega a ser presidente do Goberno (78.185 euros brutos anuais), o seu soldo baixaría á terceira parte.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.