O Banco de España pide que as autonomías fixen un teito de gasto--O déficit público é unha prioridade "ineludible"O gobernador do Banco de España, Miguel Anxo Fernández Ordóñez, insistiu en que a corrección do déficit público é unha prioridade "ineludible", polo que pediu o compromiso de todas as administracións e propuxo que os parlamentos autonómicos fixen un límite de gasto anual.
A consolidación orzamentaria "non está exenta de riscos" polo que esixe un seguimento e control rigoroso dos ingresos e gastos, para que se se producen desviacións, póidanse tomar as medidas adecuadas.
Ademais, sinalou que podería ser útil un fortalecemento adicional dos marcos orzamentarios, en particular das administracións territoriais, á vez que considerou "desexable" a publicación regular da execución orzamentaria do conxunto e de cada comunidade autónoma.
En definitiva, a xuízo do gobernador, hai que evitar o incumprimento dos compromisos do resto de administracións, xa que, de producirse, poderíase cuestionar o alcance do compromiso do Goberno. É importante, na súa opinión, "manter intacta" a credibilidade gañada polas medidas adoptadas ao longo do ano e "reforzala a través dun avance continuo" no desenvolvemento do programa de redución do déficit do Goberno.
Sobre este último punto, Fernández Ordóñez argumentou que o "tímido" inicio da recuperación económica que se viviu a principios deste ano debería proseguir, unha vez superado o estancamento do terceiro trimestre. E aínda que admitiu que as perspectivas existentes de recuperación gradual están rodeadas de "incertezas", pensa que a actividade volverá á senda de suave recuperación, "aínda tardará algún tempo en alcanzar o ton suficiente para xerar emprego".
Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.