xoves, 18 de novembro de 2010

OS ALCALDES SUSPENDEN

Resulta suxestivo comparar a opinión que parecen ter os veciños dos alcaldes das grandes cidades galegas, en xeral axustada á lóxica, por máis desagradable que resulte para uns rexedores que suman elevados índices de descrédito.
Non sorprende a ninguén o posto negativo (74 de 81) alcanzado polo alcalde de Vigo, Abel Caballero. Ao actual defensor de Povisa fronte aos intereses dos enfermos da súa comarca, só lle superan sete alcaldes en valoración negativa, dos que significativamente comparte partido con cinco, segundo o estudo do Monitor Empresarial de Reputación Corporativa. Poida que contribúa á súa posición o feito de que suscita entre os votantes do BNG tanto rexeitamento como nos do PP, aínda que os dirixentes nacionalistas primen máis neste caso as prebendas que os principios.
O que case lle alcanza é o da Coruña (no posto 71). O dato xustifica o desencontro de Javier Losada co seu antecesor, o actual embaixador no Vaticano, un Francisco Vázquez que superaba os seus defectos e debilidades polo seu coidado escrutinio dos intereses dos seus concidadáns. Sae mellor parado Sánchez Bugallo (58), aínda que moi lonxe do aprobado. O alcalde de Compostela, beneficiado polos meles do Xacobeo, case alcanza unha consideración positiva entre os seus veciños, pese ao insólito escenario dunha cidade aberta en canle para a construción de beirarrúas, nun escenario de obras executadas con exasperante lentitude e marcadas pola improvisación e o malgasto.
Que os únicos edís galegos que saen ben parados da comparativa municipal sexan os de Lugo, o socialista José Clemente López Orozco, e o pontevedrés nacionalista Fernández Lores, explica que as cidades da Comunidade sexan marxinadas das listaxes de preferencias ata alcanzar niveis de indeseada invisibilidad.
Tan significativos resultados deberían levar aos nosos gobernantes a unha reflexión sobre a súa elección de prioridades, aínda que en vista dos antecedentes, e do perfil dos alcaldes suspendidos, o máis probable é que se limiten, como sempre, a incrementar a súa actividade propagandística.
Os españois valoran máis aos alcaldes do PP que aos do PSOE...

Abel Caballero, un dos alcaldes peor valorados...

1 comentario:

  1. Míralos, como reptiles,
    al acecho de la presa,
    negociando en cada mesa
    maquillajes de ocasión;
    siguen todos los raíles
    que conduzcan a la cumbre,
    locos por que nos deslumbre
    su parásita ambición.
    Antes iban de profetas
    y ahora el éxito es su meta;
    mercaderes, traficantes,
    mas que nausea dan tristeza,
    no rozaron ni un instante
    la belleza...

    Y me hablaron de futuros
    fraternales, solidarios,
    donde todo lo falsario
    acabaría en el pilón.
    Y ahora que se cae el muro
    ya no somos tan iguales,
    tanto vendes, tanto vales,
    ¡viva la revolución!
    Reivindico el espejismo
    de intentar ser uno mismo,
    ese viaje hacia la nada
    que consiste en la certeza
    de encontrar en tu mirada
    la belleza…

    L. E. AUTE




    VOLTAIRE-VIGO
    http://lacorrupcionquenosinvade.blogspot.com

    ResponderEliminar

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.