domingo, 5 de decembro de 2010

CRISE, ¿QUE CRISE?

Rodríguez Zapatero reuniuse coas direccións das 37 empresas máis importantes de España para falar da crise. Aí estaban eles coas súas gravatas de Armani, os seus petos cheos -25.000 millóns de beneficio en seis meses- e o chofer esperando na porta.
Pediron ao presidente pulso firme para acometer as reformas: a das pensións, a laboral, e a do Estado. Eles, os bancos, as grandes construtoras, as eléctricas... os que nos meteron nesta crise teñen a solución: baixar as pensións, flexibilizar o mercado laboral e reducir o Estado de benestar, vellas solucións para novos problemas. Sen dúbida é un camiño, pero non parece o máis adecuado.
Faría ben Zapatero en continuar con estas reunións, pero cambiando de interlocutores; na próxima debería convocar aos 37 presidentes dos comités de empresa desas compañías, que representan a máis dun millón de traballadores, que co seu esforzo diario conseguiron que a facturación desas empresas sexa equivalente ao 40% do PIB.
Posteriormente podería convocar aos presidentes das 37 ONG máis importantes deste país, eles representan a miles de persoas que de forma anónima e voluntaria contribúen a reducir os efectos devastadores desta crise, conseguindo que as necesidades máis básicas de moitos cidadáns estean garantidas, maior cohesión social e unha contorna máis xusta e igualitario.
De aí sairían seguramente outros camiños, ao final todo depende da cor do cristal co que se mira.
X.B.L.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.