xoves, 16 de decembro de 2010

MEDIDAS URXENTES

Lograr superávit nas contas do Estado é sinxelo, só hai que aplicar algunhas medidas máis fáciles de comprender e máis populares que as aplicadas. Rebaixar os salarios de escándalo dos controladores aéreos, negociados no seu día polo PP. Recuperar o diñeiro malgastado na corrupción, con moita implicación de dirixentes do PP. Eliminar o financiamento á Igrexa, pois incitan á desobediencia civil; eliminar as subvencións a chiringuitos como a FAES e outros que xeran inestabilidade. Diminuír considerablemente o número de senadores, deputados europeos e nacionais, concelleiros, cos seus despachos, salarios, viaxes, dietas, coches oficiais, escoltas, etcétera. Igualar os salarios dos funcionarios autonómicos aos do Estado. Combater a fraude fiscal que está nas grandes transaccións bancarias, nas profesións liberais e no colectivo de autónomos, pois asalariados do montón e pensionistas só defraudamos en casa polos escasos ingresos que levamos. Con estas medidas poderían aumentar as prestacións sociais e incrementar o investimento.
Plan de austeridade para reducir o gasto público...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.