martes, 11 de xaneiro de 2011

A CORRUPCIÓN BENEFICIA AO DELINCUENTE

PARECE EVIDENTE QUE SE UNHA INSTITUCIÓN NON EXECUTA AS SÚAS COMPETENCIAS, DÉBENSELLE RETIRAR.

O Xulgado insta ao Concello a derrubar dúas naves do porto deportivo da Lagoa--Urbanismo ordenou a súa demolición en 2005 ao carecer de licenza, pero non a executou.

O Xulgado do Contencioso número 1 ditou unha sentenza na que dá ao Concello seis meses para derrubar dúas naves -unha ampliada e outra nova- do porto deportivo da Lagoa, situado ao pé do monte da Guía. O maxistrado conclúe que, a pesar de que existe unha resolución da Concellaría de Urbanismo que ordena a demolición desde 2005 por carecer as edificacións de licenza, e unha sentenza firme do Tribunal Superior emitida en 2009 que avala o ditame municipal, o Concello non materializou a derriba. "Desde a resolución xudicial resulta unha única multa [mil euros]. Non pode considerarse suficiente para lograr a execución forzosa", indica o xuíz. Sobre as edificacións do porto deportivo, da empresa Estaleiros e Construcións A Lago, vinculada a Manuel Fernández de Sousa-Faro, pesan varios fallos xudiciais que apoian as ordes de derriba.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.