xoves, 3 de febreiro de 2011

A ESPAÑA DA BURBULLA INMOBILIARIA

A España da burbulla inmobiliaria, nova versión da eterna de charanga e pandereita, cebada por Rodrigo Rato e a súa Lei do Solo, deixou tras de si un enorme vertedoiro de cadáveres. Parados, empresas crebadas, un país ao bordo do rescate, todo iso foi a consecuencia desa borracheira. Unha enorme débeda -privada no seu maior parte- que foi financiada por diñeiro especialmente alemán.
O destino do país é irse suicidando a grandes zancadas. Cando todo isto acabe, o poder financeiro estará aínda máis concentrado en Madrid, que é o que lles parece natural non só aos madrileños, senón a unha parte dos galegos. 50.000 millóns de euros galegos contantes e sonantes con residencia na Castelá. Na Vangarda puiden ler un artigo sobre as caixas: "A alma da burguesía catalá". Un que leva na prensa galega ese título faríanos rir a mandíbula batiente, non parariamos en semanas..

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.