Como na canción infantil, agora resulta que o PP segundo Dolores de Cospedal ten a chave do baúl da crise, iso si, esa chave é tan secreta e está tan escondida, que a estas alturas, e a un ano vista das próximas eleccións xerais, nin escoitamos unha proposta de solución nin albiscamos unha idea. Pero o preocupante é que continúe e manteña un discurso tan baleiro e inconexo e que as enquisas sexanlles propicias.
Parece que eles son os únicos posuidores da verdade absoluta e depositarios da solución definitiva, secreta iso si, e que os sindicatos, a patronal, Angela Merkel ou Nicolas Sarkozy e a Unión Europea están equivocados. ¡Que raro! ¿Non cren?
Estráñame, así mesmo, que Mariano Rajoy non contase as súas solucións e ideas a Angela Merkel na súa visita a Madrid, talvez serían aproveitables para o rexurdir económico europeo... É preocupante que este PP, baleiro de ideas, logre alcanzar o Goberno, porque entón si que nos van a dar matarile-rile-ron, como di a canción.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.