martes, 8 de marzo de 2011

A CORRUPCIÓN E OS LÍMITES DA DEMOCRACIA

As enquisas que veñen publicando as últimas semanas nos medios de comunicación seguen dando como vencedor ao Partido Popular. Por iso, algúns analistas concluíron que os cidadáns toleran a corrupción. Transmítese así unha negra imaxe dos votantes. Os españois serían uns individuos indiferentes ante o saqueo das arcas públicas. Se este argumento fose certo, a desafección non debería ser coa política, senón cos cidadáns.
No entanto, estes argumentos son dubidosos e incompletos, posto que prestan moi pouca atención ao funcionamento das democracias. Os nosos sistemas políticos teñen dous límites moi importantes. Por unha banda, o control dos políticos por parte da cidadanía redúcese ao voto. Este instrumento é bastante limitado. Os cidadáns teñen que transmitir tantas mensaxes cunha soa papeleta que en moitas ocasións o que transmiten é case nada. Cun só voto deben avaliar a política social, a económica, a de seguridade, a internacional, a corrupción, a personalidade dos dirixentes, etcétera, e avaliar tanto ao goberno como á oposición. Pero, en ocasións, un só tema candente -por exemplo, o paro agora- termina condicionando o sentido do seu voto. ¿Que pasa entón co resto de cuestións? O voto é, pois, un instrumento con limitacións.
O segundo límite das democracias é a información. Esta non está distribuída de forma equitativa e, xeralmente, un grupo de cidadáns sabe moito máis que o resto. Ante a ausencia de información ou a presenza de información contraditoria, os votantes terminan usando a ideoloxía. Dito noutras palabras, cando un non sabe a quen crer, acaba crendo aos "seus". Isto significa que a ideoloxía acaba condicionando o comportamento electoral, pesando moito máis na decisión de voto que calquera outra cuestión.
Ignacio Urquizu

1 comentario:

  1. Políticos, políticos. Esa gente que con el tiempo pierde los escrúpulos y la mayoría intentan perpetuarse en el poder como sea y por encima de quien sea.

    No quiero dudar de la capacidad de los votantes, ni ser elitista (sobre todo por que la mayoría de políticos y otros que supuestamente están super preparados no dan ni una), pero no hay más que ver a las masas, por un lado con un total desinterés por lo “general”, preocupaciòn e interes por saber o informarse del origen de las decisiones o de su por qué, a lo que hay que sumar el forofismo que irreflexivamente alienta ciertas tendencias de voto, favorecedoras de personajes corruptos hasta la médula.

    Dicha irresponsabilidad, irreflexión y pasotismo de las masas hacen a uno (y lo que es peor a muchos) sentir cierto contagio o alienación, lo cual no significa buenas cosas.

    ResponderEliminar

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.