Os métodos para atribuír impactos biolóxicos son inadecuados, segundo un grupo de científicosA fixación por consagrar unha relación entre a perda de biodiversidade e o cambio climático provocado polo home pode estar levando aos científicos a perder a perspectiva e a deixar de lado o seu principal obxectivo: o de determinar as causas da desaparición dalgunhas especies, para axudar a combatelas e adaptar os ecosistemas aos problemas que afrontan. É a tese que defende un grupo de científicos na revista Nature Climate Change, e que pretende pór en xaque os métodos do Panel Intergobernamental sobre Cambio Climático (IPCC) da ONU.
"Estamos lonxe de poder alcanzar modelos realistas que unan bioloxía e clima e, no intento por alcanzar esta meta, arriscámonos a centrar os esforzos científicos lonxe da cuestión fundamental da adaptación", asegura este grupo no seu artigo.
Un dos asinantes é o científico español do CSIC, Carlos Duarte, quen asegura que o IPCC está propondo procedementos "ineficaces" para previr o impacto do cambio climático. "As especies non cambian de modo global, senón dentro de ecosistemas particulares. Por iso, os modelos dos climatólogos non serven para determinar, por exemplo, que parte da mortalidade de posidonia [unha planta mariña] nas Illas Baleares é debida á acción do home e que parte débese a un proceso natural derivado do cambio climático", explica.
O artígo insiste en que os modelos serven para establecer lecturas a gran escala, pero que hai que analizar outros problemas, como a polución ou a sobreexplotación da pesca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.