Como todas as primaveiras cada catro anos xa temos encima, para a nosa desgraza, a campaña preelectoral das eleccións locais e autonómicas. Como sempre, pero cada vez un pouco peor. O nivel de ridículo, insensatez e malgasto que se alcanza na toleada campaña de "inaugura que algo queda" parece non ter límite. Hospitais sen acabar, xardíns sen arboledo, escolas sen dotación, piscinas municipais sen auga, aeroportos sen avións e ¡ata maquetas! A reacción a bote pronto é un sorriso cando non unha aberta gargallada, pero no fondo queda un regusto amargo ante o evidente menosprezo intelectual da maioría de políticos cara aos cidadáns. Tómannos literalmente por estúpidos. Queren captar o noso voto a cambio de catro abalorios.
Pero o peor de todo é que logo son votados, elixidos e ata aclamados. E encima somos os cidadáns os que pagamos a festa. É urxente que nolo fagamos mirar, como se di coloquialmente
Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.