xoves, 28 de abril de 2011

INSULTO Á INTELIXENCIA

Hai uns días apareceu un titular nos xornais: “Telefónica prepara 6.500 traballadores ao paro e 450 millóns de euros a repartir entre os seus directivos”. Telefónica era unha empresa estatal rendible que foi no seu inicio privatizada por Felipe González e posteriormente como consecuencia da “pinza” PP e PSOE o Goberno de Aznar remataría a faena cun “pelotazo” aos seus compañeiros de pupitre, en especial ao seu amigo Villalonga. Este fuxiu da empresa con 2.000 millóns de pesetas despedindo a unha morea de traballadores.
A xustificación desa privatización por parte dos dous mandatarios era que a xestión privada garantira a calidade do servizo e a modernización da mesma. Pois asemella que si. Asemella que si e ademais pola “jeta”, daquela coido que íamos cara a liberalización nacional: vía embuste, vía mentiras e vía trincar chupando da canoa. Levan anos dando á “barrila” con que o público é o malo e gasta moito, con que hai que privatizar todos os servizos públicos e todo o mercado laboral agás os postos de dirección.
Afórrense os xuristas o matizar, este tipo de novas son as que deberían crear alarma social en un “Estado de dereito”, onde moi poucas persoas enriquécense ao besta dunha maneira privilexiada, mentres outras son marxinadas. Temos que falar claro dunha vez por todas: isto é terrorismo económico. Telefónica ten que volver a mans do Estado, que cos 10.167 millóns que gañou en 2010 o Estado tería un diñeiro para arranxar moitos proxectos sociais. Son insaciables..

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.