O momento no é bo, porque a política adoita escribirse con minúsculas e na percepción da xente aparece moi degradada, considerándose aos políticos non como solución dos problemas colectivos, senón como parte importante dos mesmos. Pero a política e os políticos son imprescindibles nun sistema democráticos. Cómo sería o meu debuxo do candidato idóneo ás eleccións nun concello?
O candidato ha ser valente e xeneroso e ter moita sensibilidade e convicción de que na situación actual requiren dunha atención primordial ás necesidades que representan os servizos sociais, traballo, educación, sanidade..., tendo en ocasions que petar noutras portas administrativas e mobilizar vontades, axudas, convenios e consorcios. Nada disto é posible sen un equipo forte de politicos e técnicos competentes, cos que teña reunións frecuentes en todas as parroquias e lugares do concello, escoitando demandas veciñais e deixando claro o seu programa e as suas conviccións ético-políticas. Fronte a corrupción xeralizada que nos abafa, eu apostaría por un candidato que afirma o seguinte: “Poderei cometer erros se chego a ocupar o posto, mais nunca me poderedes acusar de utilizar métodos pouco éticos para manterme no cargo, nin de cometer subornos, tráfico de influencias, nepotismo ou malversación de fondos”. Nesto sei que concordan os seus colaboradores que, coñecedores da súa honradez e responsabilidade, forman piña con él para instaurar un goberno transparente, participativo e legalmente irreprochable, convencidos de que non se esquecerán das promesas logo de asentarse na poltrona.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.