venres, 1 de abril de 2011

RECICLAR MEDICAMENTOS

Cada vez máis, os cidadáns concienciámonos da importancia de reciclaxe de todas as materias, pero en especial dos medicamentos caducados. A reciclaxe dos mesmos é un labor na que debemos de tomar parte todos, xa que iso proporciónanos máis calidade de vida, é saudable para nós, para o planeta e para as seguintes xeracións. Para estas tarefas existen nas farmacias uns recipientes da firma Sigre, nos que depositar os medicamentos caducados. Sigre Medicamento e Medio Ambiente, é unha entidade sen ánimo de lucro, creada para garantir a correcta xestión ambiental dos envases e restos de medicamentos de orixe doméstica. A súa posta en marcha promovérona os laboratorios de farmacia en 2001.
Revisando botiquines iníciase xa a concienciación: Moitas veces a cidadanía, en revisión rutineira dos botiquins caseiros, atopa medicamentos caducados, que tiran ao lixo. É aí onde se inicia a concienciación, xa que para iso están eses puntos Sigre nas farmacias, onde depositalos. Logo a firma trátaos, cumprindo, entre outros, uns claros obxectivos, por unha banda a redución dos prexuízos ambientais, que os envases e restos de medicamentos poden ocasionar, e polo outro, favorecendo a non acumulación de medicamentos nos fogares, e sensibilizando ao cidadán sobre os riscos sanitarios do uso inadecuado deles.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.