A enerxía renovable foi o 64% da produción eléctrica de Galicia o último ano. É unha boa noticia, tendo en consideración o perigo que significan as centrais atómicas e os custes ambientais que trae aparellada a utilización do carbón. É unha magoa que a Xunta botase abaixo o concurso eólico do anterior goberno bipartito, o que semella por razón de compromisos contraidos con grupos foráneos, xa que a legalidade da adxudicación demostrouse polos tribunais.É certo que as enerxías producidas polo vento, auga ou sol dependen destes elementos, polo que non son constantes, obrigando a dispor tamén de fontes non renovables, un argumento que aproveitan os defensores da nuclear. Agora ben, coa produción actual o noso país exporta un 30%, e vento, auga e sol son fontes que non teñen que coincidir a un tempo nos picos mínimos de produción. Sei que isto non resolve o outro atranco que representa o consumo de carburantes para o transporte de mercadoría por estrada.
Neste caso o coche familiar non soluciona a eiva causada polo esgotamento do petróleo, alén dos problemas ecolóxicos que causa. Compre unha maior utilización do tren e unha relación entre o lugar de produción e consumo máis racional, que evite os grandes desprazamentos baseados hoxe en razóns de lucro e poder. É importante o aforro enerxético, mediante unha xestión máis eficaz e un menor consumismo, máxime cando en poucas décadas o mundo terá unha poboación de varios miles de millóns de persoas máis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.