luns, 16 de maio de 2011

MEDITANDO SOBRE A CRISE

É indubidable que o noso país é dos máis castigados por esta crise económica mundial, e iso é tan certo como inexacto é achacar a culpa da nosa situación ao noso Goberno actual. Foi o Goberno de Aznar o que apostou polo ladrillo como motor e sostén de toda a nosa economía, declarando como terreo susceptible á construción ata a planta dos pés dos cidadáns. Repetía unha e outra vez que España ía ben, sobre todo para os especuladores que pegaban os clásicos pelotazos á conta de entramparnos a todos adquirindo vivendas a prezos moi por encima do seu valor real e facilitando o acceso a préstamos hipotecarios con nulas garantías de cobro. As consecuencias coñecémolas todos, ao chegar a crise o sector da construción ao paro, o sistema financeiro tremendo e o país ao bordo da quebra. Agora, eses finos estrategos financeiros preséntanllenos como os novos salvadores da patria e prométennos relanzar a nosa economía como fixeron antaño. A verdade que é para porse a tremer; non se vostedes, pero eu destes artistas non me fío un pelo. E.G.U.

1 comentario:

  1. BURBUJA-CORRUPCIÓN
    Así es, la ley del suelo del 98 de Rato-Aznar fue nefasta, ya que fué la que creó la burbuja inmobiliaria. De todos modos los fans de Aznar nunca lo reconocerán, para ellos fue una época de riqueza y prosperirdad, pero no saben que el país se estaba endeudando y yendo al precipicio, y Aznar no lo paró, sino que lo fomentó.Tampoco es tan fácil cambiar el modelo productivo, se creen que existe una varita mágica para cambiar las fábricas de ladrillos.

    De todos modos en honor a la verdad, hay que decir que Zapatero también se obsesionó con el ladrillo, por lo que él tiene también culpa. Aquí no se salva nadie.

    ResponderEliminar

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.