martes, 10 de maio de 2011

"NEOMENTIRA"

Mas e Rajoy teñen razón: vou buscar unha boa mutua privada. Quero unha mutua que seleccione os mellores profesionais do medicamento. É máis: quero que os forme. Que organice un bo sistema educativo para esa formación. Quero tamén que me cobre as cotas en función dos meus ingresos e a miña particular situación socioeconómica.
É máis: quero que me axude a atopar traballo (iso inclúe unha boa formación profesional para min)... e ata que me ofreza traballo para poderlle pagar as cotas. Así que debe investir en I+D. E non quero que só se dedique á curación, senón tamén á prevención. Para iso, que teña organizado para os meus fillos e o resto da sociedade (porque a saúde é un asunto social, colectivo) un bo sistema de educación básica, na que se inclúa a educación para a saúde. E que faga campañas contra o tabaquismo. E contra os malos tratos domésticos. E contra os accidentes de tráfico.
E como quero un ambiente san, quero que sexa capaz de formular leis de protección do medio ambiente. E ademais quero que non exclúa a ninguén, quero vivir nunha contorna social san. E... bo, un soño sería ter poder democrático sobre as decisións desa mutua privada que quero.
A mutua que eu quero chámase Estado. O liberalismo é mentira. E o neoliberalismo, neomentira.- Germán Llerena do Castelo.

2 comentarios:

  1. Pero es que no os enterais de que ''en plan roncha'' estan privatizando uno de los mejores sistemas de seguridad social del mundo? Nos quejamos de la listas de espera, de como funciona la seguridad social, algunas veces mas por demagogia que por hechos reales, pero tenemos uno de los sistemas sanitarios que mejor funcionan del mundo, es un absoluto desastre que lo privatizen y que los de siempre se sigan llenando los bolsillos a costa esta vez sí, de nuestra salud.
    Aunque Sanidad sea competencia de las Comunidades Autonomas, te quedarias viviendo en Madrid si a tu hijo, hermano o algun familiar les tuvieran que hacer pruebas que costaran tanto como tu hipoteca? o pagar 300 Euros por una escayola o pagar por los medicamentos tres veces mas de lo que pagas ahora....

    ResponderEliminar
  2. La mentira política nunca circula sola; se acompaña de la mentira financiera, de la mentira judicial, de la mentira periodística: un paisaje surrealista que es el que ahora se divisa. Es una desgracia que la mayoría de los españoles piensen que la democracia consista en que ganen los suyos y que, si es para ese fin, se dé por válido cualquier disparate. Las ovejas son mansas porque siempre se creen aquello de que viene el lobo; por eso el pastor se las arregla con un cayado y un perro viejo.

    ResponderEliminar

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.