venres, 27 de maio de 2011

OS BENEFICIOS DA CRISE

Trátase a crise enfocándoa sempre con tinguiduras catastrofistas para buscar réditos electorais ou monetarios. Porque prestar diñeiro aos propios Estados a uns intereses do 10% ou máis, é usura aínda que lle chamen axuda, pero a realidade que esta crise non é maior que outras que non levantaron tanto rebumbio.

Convén recordar que en España, en crises anteriores alcanzouse unha taxa de paro do 24,9%, superior á actual, que a nosa débeda non só é moito máis baixa que nesa crise, senón que é baixa respecto da maioría dos países -Italia ou Estados Unidos multiplícana-, que a Seguridade Social tivo déficit onde agora ten superávit, a morosidade na banca segue sendo menor que a alcanzada en 1995; é dicir, sen ter peores números que outras veces, pasamos a ser dependentes e obedientes sen capacidade de tomar as nosas propias medidas.

Nesta situación non debe de estrañar que alguén, seguindo o exemplo de Islandia, diga basta, que non queremos pagar sempre os mesmos con argumentos que veñen dos culpables.

A xente ten Internet e úsao, por iso sabemos que os causantes da crise están batendo marcas de beneficios.

1 comentario:

  1. O PAÍS DA CORRUPCIÓN

    Quizá un dos sectores máis en auxe en tempos de crises sexa o das apostas e xogos on-line. Desafortunadamente, a sensación de afogo económico de moitas persoas lévalles a deixar o seu diñeiro e o seu futuro en mans da fortuna. En conxunturas económicas difíciles confíase máis nos golpes de sorte para lograr aquilo que doutra forma xamais se poderá ter. Grazas ao desembolso económico dos crentes na deusa Billete, moitos empresarios (na súa maioría estranxeiros) conseguen sumas de diñeiro de espectacular contía.

    ResponderEliminar

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.