sábado, 11 de xuño de 2011

PODERÁN COMPETIR AS EMPRESAS HONRADAS?

Se continúa a tendencia actual, as empresas honradas, aquelas que cumpren cos seus deberes fiscais, sociais e ambientais, desaparecerán, non poderán competir coas grandes empresas cuxa lei é a elusión e a evasión fiscal.
Sabiamos que os ricos non pagaban case impostos. Agora sabemos que as grandes empresas tampouco. Segundo un recente informe do Parlamento Europeo, as multinacionais e as empresas grandes non pagan os impostos que marcan as leis. Este informe do Parlamento Europeo di textualmente: "Aproximadamente un terzo das 700 maiores empresas de Reino Unido non pagaron imposto algún en 2005 e 2006; o 25% das compañías estadounidenses con activos superiores a 250 millóns de dólares ou ingresos superiores a 50 millóns de dólares ao ano, tampouco pagaron imposto algún entre 1998 e 2005; e as maiores empresas francesas están pagando un 8% sobre os beneficios medios reais, mentres que o índice impositivo oficial en Francia é do 33%" (Informe sobre o fomento da boa gobernanza no ámbito fiscal, 2009/2174, INI).
Os Gobernos están ben informados, pero parecen impotentes ante este estado de cousas. E son incapaces de garantir os dereitos constitucionais aos cidadáns. As grandes fortunas, a nivel planetario, dedícanse a especular, evitando calquera relación co mundo produtivo real, e fan tambalearse aos Gobernos ao seu antollo. Esta especulación está levando á ruína o modelo de Estado social.
As grandes empresas, os ricos, os bancos, romperon todas as regras do xogo, e converteron a economía mundial nun inmenso casino, nunha desapiadada ruleta rusa. Os Gobernos, incapaces de frearlles, entréganlles os nosos impostos. E encomendan o control da fraude a minúsculos grupiños de funcionarios sen medios suficientes para facer o seu traballo.

1 comentario:

  1. as multinacionais nunca pagaron impostos, por eso son multinacionais. Xa buscan iso no xeito de ser e actuar. Fabricar onde é máis barto, vender onde é máis caro. Non pagar impostos... non ter plantilla. Todo con subcontratas e ETT

    Isas empresas son pantaias de cartón pedra. Non hai nada tras elas. Están dende semmpre en "creba" se non tes e sempre estás en débedas pois tampouco che poden quitar nada

    Ise tipo de empresas ao longo prazo non teñen futuro. Non aportan nada e son empregadas porque gusta de isas actuacións

    ResponderEliminar

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.