xoves, 16 de xuño de 2011

¡O QUE NOS VÉN ENCIMA!

Resulta que nosos "salvadores", unha vez postos ao tajo xa ensinaron parte do programa oculto. Recortar, privatizar, apertarse o cinto... o de sempre.
Non se enfaden. Dixérono eles e vén "nos papeis". E hai onde escoller. Anoten: CIU e o Partido Popular, se alían en Cataluña para beneficiar ás grandes fortunas. E, non se apuren, que hoxe se viaxa en alta velocidade. Pronto chegará ao resto do Estado.
Esperanza Aguirre xa tomou outra decisión "neoliberal": suprime as bolsas para comedor e libros de texto na etapa infantil.
E é que logo os nenos crecen cheos de privilexios e acaban encabuxados, na Porta do Sol, se lles recortas algo. Mellor, polo tanto, que aprendan xa desde o berce.
A uns metros do mausoleo-cidade da Cultura, que custou máis que todos os hospitais de Galicia xuntos e custará -unicamente o seu mantemento- como todas as escolas da provincia da Coruña, o Partido Popular do señor Conde Roa díxo moi claro: Privatizaremos algúns servizos sociais. Xa saben que é polo ben da industria, o progreso, a libre empresa e o persoal da (súa) confianza.
E. ¡por fin!, falou don Mariano, o prudente: teremos o estado de benestar que poidamos... e ponnos un exemplo: eles reducen o número de coches por "persoeiro" (sempre queda o recurso de pedir un taxi a conta do contribuínte) e a nós redúcennos os servizos en educación, sanidade...
Voulles a contar un "sucedido" que pasou aquí, nas Galias. O Goberno reinante anunciounos que rebaixaba de doce a dez "xefes" na Consellería de Sanidade. Logo non nos dixo que a suma dos soldos deses dez era superior á cantidade que cobraban os outros doce...

1 comentario:

  1. Los recortes de gasto público sanitario, al empobrecer a la sanidad pública, acentuarán todavía más la polarización por clase social de la sanidad española, deteriorando la situación de una manera muy marcada. Tales recortes en la pública favorecerán la expansión de la sanidad privada, lo cual es una motivación no siempre hecha explícita de tales políticas. Es más que probable que una medida que las fuerzas políticas conservadoras y neoliberales promuevan sea la desgravación de las pólizas individuales (ya existe tal desgravación para las entidades colectivas) a las compañías de seguro sanitario privadas. Ahora bien, los recortes del sector público afectarán no sólo a los usuarios de la pública sino también a los de la privada, pues la medicina privada depende en gran manera de la infraestructura de la pública (que frecuentemente hace los análisis y las pruebas complejas de la privada).

    ResponderEliminar

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.